Podes buscar todas as categorías na web de BIMBA Y LOLA. Para consultar a información relevante dun produto (talle, dispoñibilidade, composición, etc.) só tes que facer clic sobre el.

Selecciona o produto, a cor e o talle (se procede) e engádeo á túa cesta da compra facendo clic en “ENGADIR AO CARRIÑO”. Tamén podes engadir produtos ao teu carriño de maneira máis rápida facendo clic na icona +.

Para realizar a compra accede ao teu carriño e revisa os artigos seleccionados. No importe total da compra tamén se mostrarán os gastos de envío, se os houbese.

Cando finalices a compra recibirás un correo electrónico coa confirmación e a información do teu pedido. Tamén podes acceder aos detalles do pedido desde a túa conta.

Para realizar un pedido como agasallo, accede á túa cesta da compra e selecciona “É un agasallo”.

Enviaremos o teu pedido ao enderezo que indiques nunha bolsa agasallo, dentro da caixa habitual dos nosos pedidos.

Se queres facer pedidos agasallo para varios destinatarios, deberás facelos un por un, xa que non dividimos as entregas dun único pedido.

Crea a túa wishlist facendo clic na icona do corazón que encontrarás na páxina do produto ou seleccionando “ENGADIR Á WISHLIST” desde á túa cesta. Tamén podes engadir produtos que estean temporalmente esgotados ou en coming soon, que se activarán cando volvan estar dispoñibles.

Lembra que, se es usuario rexistrado, tes a opción de compartir a túa wishlist con quen queiras.

Engadir un produto á wishlist non implica que estea reservado.

Como usuario rexistrado, podes solicitar a factura do teu pedido realizado na web de España (Península e Baleares) seleccionando a opción “Pedir factura” no checkout. Podes descargar a factura accedendo á túa conta.

En caso de non solicitares a factura durante o proceso de compra, contacta aquí.