Se un artigo está esgotado ou non dispoñible temporalmente no teu talle, subscríbete ao noso "AVISO DE DISPOÑIBILIDADE". Selecciona o teu talle na páxina do produto e introduce o teu enderezo electrónico para recibir unha notificación cando volva estar dispoñible.

Subscribirse ao “AVISO DE DISPOÑIBILIDADE” non implica que estea reservado.

Podes consultar tamén o stock das nosas tendas facendo clic en “DISPOÑIBILIDADE EN TENDA” dentro da páxina do produto. Introduce o teu código postal ou cidade para mostrarche as tendas máis próximas nas que o teu produto está dispoñible.

Se queres saber cal é o teu talle, recomendámosche utilizar a opción “Encontra o teu talle” dentro da páxina do produto que che guste. Introduce os datos solicitados e calcularemos o talle máis axeitado para ti.

Para coñecer as medidas que corresponden a cada talle consulta a nosa guía de talles facendo clic en “GUÍA DE TALLES” dentro da páxina do produto que che guste.

Todos os nosos produtos son sometidos a estritos controis de calidade antes da súa distribución. No improbable caso de detectares algún defecto nun produto tras o seu uso, vai a calquera das nosas tendas (agás Canarias, El Corte Inglés e Outlet) para podermos avaliar o produto.

Se compraches o teu produto nunha tenda física, debes ir a unha das nosas tendas para que o noso equipo te poida axudar.

Se compraches na nosa web e non dispós dunha tenda preto, contacta co servizo de Customer Service aquí.

Unha vez examinado o produto, se se trata dun defecto e dispomos de stock, poderás escoller se prefires que realicemos un cambio ou o reembolso. Se non dispomos de stock, xestionaremos directamente o reembolso.